Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó

Por Paula Cermeño

O pasado mércores liderou a sesión Diego Parajó, formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais e testeador insaciable de métodoloxías Design Thinking.

Non era o noso primeiro contacto con Diego, pois xa nos obligara a coñecernos algo mellor movéndonos polo espazo na primeira sesión, e intentado convencernos das bondades do Trello durante os dous meses que leva percorridos o curso. Desta vez tamén nos fixo mover (ninguén o dubidaba, incluso o esperabamos con intriga) e fedellar con novos instrumentos de planificación que prometen facernos a vida máis fácil.

2018-12-19 dinámica con spaguettisComezamos a sesión separándonos nos grupos de traballo habituais e recibindo instrucións de construír unha estrutura usando espaguetis como ladrillos e uns centímetros de “celo” e fío vermello a modo de cemento. Gañaron as rapazas do equipo coruñés, pois conseguiron que a súa torre acadase a maior altura da clase. A súa vitoria debeuse a que investiron máis tempo en probar que en planificar, e precisamente aí residía a moralexa do experimento. Diego quería mostrarnos o método do “ensaio-erro” como unha boa ferramenta para  chegar a bos resultados e comezar a perderlle o medo á idea de prototipar e bascular sobre os prototipos para acabar dando coa idea gañadora.

Pero, ¿como chegamos a un prototipo? A metodoloxía Design Thinking propón 5 pasos para levar a cabo o proceso:

  • Empatizar: debemos asegurarnos de coñecer aos destinarios dos nosos proxectos, buscando información sobre eles e poñéndonos na súa pel. Para iso, Diego propúxonos varias técnicas creativas, como a creación de personas tipo ás que facerlles preguntas, a confección de mapas de empatía, o shadowing (perseguir aos nosos stakeholders física ou virtualmente) e a búsqueda de información exhaustiva na web.

 

Mapa de empatía para coñecer mellor aos nosos posibles públicos

Mapa de empatía para coñecer mellor aos nosos posibles públicos

 

  • Definir: da nebulosa de datos xerada no primeiro paso, vlcsnap-2018-12-19-20h15m59s913debemos comezar a sacar algo en limpo. Un xeito de organizar as ideas e visualizar a relación entre as partes é crear un mapa conceptual.

 

  •  Idear: una vez temos localizado un punto dende o que partir ( ben sexa una necesidade do público, un oco sen cubrir polo mercado, ou una falta de conexión entre os protagonistas do noso mapa) chega o momento de buscar solución. Unha das fórmulas máis populares hoxe en día é o brainstorming, do que fixemos una dinámica semellante como exercicio de aquecemento. Outra idea sería a creación dunha matriz na que, por exemplo, os axentes ocuparían o eixo X e as distintas expresións artísticas o eixo Y, facéndose visibles as parcelas saturadas así como aqueles nichos por explorar. A verdadeira tarefa de ideación durante a clase consistiu en formular una pregunta clave para o noso proxecto e propor respostas entre os integrantes do grupo. A pregunta debería comezar por Como poderíamos…? e admitir una resposta aberta.

 

  • Prototipar: Escoller a resposta gañadora, que será o xérmolo do noso primeiro prototipo. Un bo xeito de definir o noso anteproxecto é buscar experiencias semellantes que poidan inspirarnos e ir pouco a pouco asignándolle características. Como dicíamos ao comezo da clase, o prototipo non é o proxecto definitivo, pero si un primeiro boceto ao que facerlle preguntas, engadir e quitarlle cousas, pivotar sobre el… en fin, manipulalo ata acabar dando coa idea de proxecto redonda para nós.

2018-11-21 Diego ParajóDiego tamén nos propuxo construír na casa unha “máquina de prototipar”, con vasos transparentes superpostos, ca que probar combinacións de variables de xeito visual.

Et voilá! Ata aquí a sesión de Diego Parajó, que sen dúbida supuxo un acelerón importante para os nosos proxectos.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*