Economía da Cultura. Con Pau Rausell

Por Paula Fandiño

Na sesión do pasado 28 de novembro tivemos a Pau Rausell para pau rausellexplicarnos a importancia da Economía en todo o referente ao sector cultural. Pau Rausell é economista e profesor na Universidade de Valencia, así como tamén o director de Econcult, un organismo dependente da universidade no cal investigan en Economía da Cultura e do Turismo. Econcult é un dos centros máis importantes e de referencia no seu ámbito, tanto a nivel nacional como internacional.

A principal premisa de Pau Rausell nesta aula consistía en facernos ver e entender a importancia da mirada económica para poder ser capaces de ver a realidade cultural con máis claridade. Para isto, estruturou a aula en catro piares:

  • A economía da cultura como ciencia social
  • A economía como ferramenta para a análise sectorial das actividades ligadas á cultura e á creatividade
  • As organizacións sociais
  • A economía da cultura como programa de política económica e a súa relación co desenvolvemento

 

Na primeira parte da sesión, Pau Rausell explicounos que coa economía pretendemos conseguir a capacidade para atopar ferramentas que nos axuden a transformar a realidade cultural, sempre baixo a premisa de que a cultura é un concepto complexo e dinámico. Polo tanto, a economía é unha ciencia social que explica as eleccións dos individuos seguindo uns supostos metodolóxicos (o individualismo metodolóxico e as elección racionais), o que deriva no empirismo cuantitativo.

Os individuos, dadas unas preferencias determinadas, tratan de maximizar a súa utilidade, estimando os costes e os beneficios das súas decisións, estando suxeitos a un conxunto de restricións, que poden ser de carácter orzamentario, social, legal, etc. Dito isto, podemos concluir que a economía sérvenos para estudar o comportamento dos individuos, o que é fundamental para poder entender como nos vai a servir de ferramenta para axudar a transformar a realidade.

Seguidamente, pasamos a adentrarnos na economía como unha ferramenta que nos axuda na análise sectorial das actividades culturais e ligadas á creatividade. Neste bloque falamos dos mercados da cultura, que son a parte da economía que corresponde ao intercambio de bens e servizos culturais.

 

 

Mercados da cultura

 

No referente ás organizacións sociais, falamos de que na cultura os bens e os servizos non son normais en termos económicos, e que as motivacións dos individuos expóñense en termos diferentes ao resto do sistema económico. Isto implica unha maior resiliencia, pero tamén unha tendencia estrutural á precarización do sector cultural.

Por outra parte, no sector cultural, a creatividade e os espazos xogan un papel moito máis importante que noutros ámbitos organizacionais; así como que as capacidades e as habilidades son relativamente diferentes que noutros sectores económicos.

Tamén Pau Rausell nos fixo ver a importancia da dixitalización no sector cultural, xa que nos últimos anos contribuíu á democratización da creación. Hoxe en día hai moitas menos barreiras para crear contido cultural e é moito máis sinxelo o acceso á cultura e á súa producción.

Como punto final á aula, Pau Rausell tamén nos introduciu na importancia da cultura como programa de política económica e a súa relación co desenvolvemento dos territorios. É de vital importancia que as políticas que se leven a cabo, sexan do ámbito que sexan, teñan como vehículo conductor a cultura, xa que contribúe de xeito moi considerable a xerar desenvolvemento e crecemento nos territorios. É dicir, a cultura é un elemento estratéxico para os procesos de desenvolvemento.

 

 

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] culturais e falamos de participación cidadá, turismo cultural e desenvolvemento territorial, economía da cultura, marketing cultural e xestión de públicos, mediación e programación cultural en artes […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*