Historia, actualidade e perspectivas das políticas culturais. Santiago Eraso

O pasado 24 de outubro tivemos ocasión no Curso de coñecer a toda unha referencia da xestión cultural, como é Santiago Eraso. Con el puidemos falar dalgúns dos moitos proxectos que liderou, pero tamén do presente e o futuro da Cultura, como ben e dereito cidadán, e do papel e as perspectivas d*s profesionais da xestión cultural.

24-10-18 Santiago Eraso (1)Moitas das reflexións que compartiu onte con nós están no seu blog, que non deixamos de recomendarvos como lectura obrigada a todas as persoas que estades interesadas no arte e a cultura, pero tamén na política e a ética: santieraso.wordpress.com

As reflexións e referencias que aporta nel son sumamente enriquecedoras, aínda que gañan moito cando son compartidas en persoa, que é a sorte que tivemos nós. A sesión con Santi Eraso permitiunos non só escoitalo, senón tamén participar con opinións e preguntas.

Quedámonos pensando moito despois da sesión. No ecoloxismo cultural, na importancia da vida e os coidados, na educación… Tamén no que é industria cultural, no debate sobre a gratuidade da oferta cultural ou no papel do Estado e a sociedade con respecto á Cultura. Dalgunhas destas cousas falou precisamente no dixital galego Praza, nunha interesante entrevista que lle fixeron a raíz da súa participación como docente no Curso e á que podedes acceder desde aquí.

Foi, en definitiva, unha tarde para a conversa e a reflexión, con asistencia tamén de alumnado de pasadas edicións, e na que traballamos moito iso de “aprender compartindo”: da experiencia de referentes como Santi Eraso, pero tamén das nosas propias dúbidas e opinións.

banner 2ª parte-branco

3 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] edición do Curso, puidemos ter unha visión panorámica das políticas culturais e falamos de participación cidadá, turismo cultural e desenvolvemento territorial, economía da […]

  2. […] hablaron en esta sesión (y que podéis leer, como todas, en Blog del Curso, al que podéis acceder desde aquí) las desarrolla Santiago Eraso de manera habitual en su propio blog, que no queremos dejar de […]

  3. […] se falaron nesta sesión (e que podedes ler, coma todas, no Blog do Curso, ao que podedes acceder desde aquí)as desenvolve Santiago Eraso de maneira habitual no seu blog, que non queremos deixar de […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*