2018 04 04 Cristina Farinha (3)

Marco europeo e cooperación cultural internacional. Con Cristina Farinha

Por Inés Portela

Comezamos a aula, coma cada día, coa valoración da aula anterior: Uxío Novoneyra. Os titores coméntannos tamén como será a próxima aula, que consistirá nunha especie de caso práctico onde teremos que, cada grupo, presentarlle o noso proxecto a un posible patrocinador. Tras esta explicación, preséntase  Cristina Farinha, a poñente do día de hoxe, que falará do marco europeo e a cooperación cultural internacional.

Cristina expón a importancia de coñecer os principios da Unión Europea para poder pedir financiamento europeo, xa que será esencial adaptarse aos seus obxectivos con todas as súas liñas de actuación. A UE ten unha orixe económica, xa que nace nos anos 50 como unha alianza entre varias industrias europeas do ferro e do aceiro, que buscan crear unha zona de libre mercado. E se ben a súa historia foi sufrindo numerosos cambios, temos que ter en conta que esta idea da libre circulación, da cooperación e colaboración entre países  sempre será clave en todo o que faga a UE. Debemos ter en conta ademais que basea o seu funcionamento no principio de subsidiaridade: esto quere decir que o nivel de intervención da Unión Europea nunca será directo sobre unha área ou país, senón que a súa acción será complementaria ao que teñan que facer os axentes (gobernos) máis cercanos aos cidadáns.

Se combinamos ambas ideas (a libre circulación e o principio de subsidiaridade) podemos deducir que calquera proposta que lle presentemos á UE para solicitar o seu apoio por unha banda deberá incluír varios socios en diferentes países e, por outra, deberá contar con máis apoios, xa que non se lle solicitará á UE que financie o 100% do custe do proxecto.

Isto lévanos á mobilidade que, lonxe da percepción que temos, é bastante baixa: tan só un 2,8% no 2013 e 3,7% no 2015, mentres que, or exemplo, en Estados Unidos, entre estados a mobilidade ascende a un 30%. Complicacións fiscais, falta de homologación entre cualificacións e diplomas académicos, a seguridade social de cada país, temas de propiedade intelectual, idiomas… son só algúns dos problemas que fan que a mobilidade entre países europeos sexa tan baixa.

 

Programa Europa Creativa

O programa Europa Creativa é exclusivo para o sector cultural. Xorde no ano 2000. Sobre o orzamento do que dispón, poderíase decir que é residual, tendo en conta os orzamentos que manexa un organismo como a Unión Europea. Por otra parte, preséntanse varias problemáticas 2018 04 04 Cristina Farinha (2)cando queremos presentar un proxecto a esta liña de axudas:

 

  • Temos un mercado fragmentado e pequeno, e non sempre ben preparado, especialmente para o que supón traballar con socios doutros países. Para tentar paliar este primeiro problema, Europa Creativa axuda á mobilidade e á formación.
  • As novas tecnoloxías. Por iso apoia todo o relacionado coa accesibilidade.
  • Os poucos créditos bancarios. Para paliar isto hai instrumentos de garantía financeira nos países. No caso de España sería a Compañía Española de Refinanciamento (CERSA)

 

Europa Creativa está accesible en tódalas linguas oficiais, pero é recomendable presentar todo en inglés, xa que como é obrigatorio que haxa mínimo tres socios en tres países distintos, cabe entender que a única forma de entenderse entre socios sería o inglés. E tamén porque é a lingua que tódolos avaliadores de proxectos coñecen e dominan mellor. E, tamén a ter en conta, as prioridades obxectivas do programa cultura de Europa Creativa, que son estas:

 

  • Mobilidade: circulación de ideas, persoas, contidos…
  • Desenvolvemento de audiencias: cantidade e sobre todo, diversidade, con especial interés nos novos públicos. Importante a participación activa
  • Formación: sobre todo no relacionado coas novas tecnoloxías, novos modelos de negocio, formación e educación, capacitación dos profesionais….

 

Tamén é importante coñecer os criterios de avaliación do programa, que son os seguintes:

 

  • Relevancia: explicación da importancia do noso proxecto para a Unión Europea (30% da puntuación)
  • Calidade dos contidos e actividades (30%)
  • Comunicación e promoción (20%)
  • Calidade/importancia dos socios/as ( 20%)

 

Cando presentemos un proxecto a Europa Creativa é importante, ademáis de coñecer ben as bases e obxectivos do programa, coñecer tamén da Unión Europea como organismo e  tratar o noso proxecto como se fose unha obra de arte:

 

  • Idea clara e ben contextualizada
  • Marca identitaria, temática única e distintiva
  • Linguaxe clara
  • Que interese xeraría este proxecto nas persoas?
  • Desenvolvemento continuado/sostibilidade, continuidade do proxecto. Explicar sempre ao final, aínda que sexa nunha frase curta, que o proxecto ten visión de futuro.

 

As dúas posibilidades de participar nestes proxectos de Europa Creativa serían dúas:

  • Plan pequeño: mínimo 3 socios de distintos países, 200.000 euros máximo, proxecto a 2 anos
  • Plan grande: mínimo 7 socios, 2 millóns de euros máximo, proxecto a 4 anos

 

2018 04 04 Cristina Farinha (4)Hai que presentar dende o primeiro momento un programa de actividades moi concreto e definido. Permítense pequenas variacións durante os 2 ou 4 anos que dure o proxecto, pero deben ser cousas moi puntuais. Deberemos explicar tamén moi detalladamente como as actividades responden ás necesidades dos públicos e facer tamén unha previsión de resultados, así como aclarar como avaliaremos a posteriori o proxecto. A comunicación tamén terá que ser clara e concreta. Plasmaremos un plan de comunicación detallado en cada país socio do proxecto (canles, públicos….), incluso cun calendario definido. Esta comunicación tamén deberá ser continuada no tempo, cos medios(web, redes sociais…) que consideremos.

Haberá que xustificar tamén porque somos eses socios e non outros, aínda que sexa un argumentario feito para a ocasión. Non interesa tanto o currículo académico de cada socio como a experiencia real en canto ao proxecto en cuestión. Tamén se debe plasmar a división de tarefas dentro do equipo e indicar se o proxecto está aberto a, nun futuro, seguir sumando socios ou non. Debemos ter en conta que unha vez o proxecto é aceptado os socios non poden variar. Como moito podería cambiar un deles, pero tería que ser xustificado de xeito moi claro, xa que, polo xeral, ante esta situación de cambio de socio a situación é que se cancela ou remata o proxecto. Valórase positivamente un espectro amplo entre os socios, é decir, que non sexan de países fronteirizos. Pode haber socios de fóra da Unión Europea, pero non poden ser socios oficiais, xa que non terán as mesmas condicións económicas.

De 600 proxectos presentados poden ser aprobados uns 20. E isto é importante: na maioría dos casos o motivo de ser rexeitados é porque están mal redactados ou presentados, e noutra gran parte porque non hai orzamento para financiar  máis.

 

 

Outros programas europeos

Na última parte da clase Cristina Farinha fixo un repaso doutros programas europeos, como o Programa Erasmus +, que 2018 04 04 Cristina Farinha (1)é unha actividade centrada na educación e formación, ou so de financiamentos transnacionais da UE, como:

  • Cosme
  • Life+
  • Europe for Citizens
  • Horizon 2020
  • Erasmus +
  • Europe Creative

Tamén hai programas de acción externa, orientados a para países de fóra de Europa:

  • DG Enlargment
  • Neigbouring countries
  • European External Action Service
  • Europe Aid Development and Cooperation
  • EU strategy for international cultural relations (2016)

 

Falamos tamén das Capitalidades Europeas da Cultura. Non supoñen un  financiamento europeo de maneira directa, xa que é un título ou mención, pero si promove a internacionalización da cidade, o que permite revitalizala culturalmente e captar fondos doutas canles de financiamento. En canto a redes de cidades a ter en conta, falamos de Eurocities, Axenda 21 para a cultura, Culture for cities and regions e Unesco. Do mesmo xeito, Cristina achegounos fundacións a ter en conta, como European Cultural Fundations,  Asia-Europe Fundation, Roberto Cimetta Fundation (bolsa de movilidade para o Mediterraneo), European Festivals Association e EFFE: Europe for festivals, festivals for Europe.

 

 

 

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*