Turismo cultural e desenvolvemento territorial. Con Carlos Martins

Por Antía Lorenzo

A sesión de Carlos Martins iniciouse cunha breve introdución da súa biografía e traxectoria profesional. Comeza estudando Economía e decide relacionarse e moverse na etapa universitaria na AIESEC (Asociación de Estudantes Internacionais de Economía). Céntrase nos noventa como unha época convulsa e de novas realidades (Muro de Berlín, Iugoslavia…) como un momento no que se sinte realmente atraído polo concepto de cambio, e de como isto será unha constante ao longo da súa realidade laboral.

Despois de ter traballado 2017-11-29 Carlos Martins 5para unha consultoría, decide emprender da man dun compañeiro, montando a súa propia empresa no eido da economía. Grazas ao éxito da mesma, foi chamado polo Concello de Santa Maria da Feira para facerse cargo dunha serie de concellerías, que xiraban ao redor da cultura. Explica que este foi un dos momentos nos que participou da creación de grandes eventos culturais, algúns deles de carácter europeo. Entende logo disto o seu interese no turismo cultural e  decide formarse en Barcelona. Para el o turismo cultural é froito dunha intensa relación de forzas entre a cultura, a economía e o territorio.

Debido á súa consciencia de que existen desigualdades entre os recursos e o produto, e que sen a existencia dun diálogo entre ambas non hai proxectos con éxito, embárcase por segunda vez na creación dunha empresa. Crea Opium, unha das empresas fortes da Península neste campo. Explica que Opium traballa co seguinte esquema conceptual, que entende que dentro do territorio téñense que poñer en relación a comunidade, a cultura e a economía dun xeito equitativo. E tratar de pensar dende o centro que se atopa na relación das mesmas.

 

2017-1-29 grafico 1

Esquema conceptual sobre o que traballa Opium

 

Despois de ter rematada esta introdución, Martins fixo unha retrospectiva dunha serie de proxectos tratando de basear a súa achega á materia dende o experiencial.

A continuación deixarei unha lista con todos eses proxectos por se alguén que se achegue o blogue ten interese en seguilos, por motivos diversos, todos son exemplos interesantes a ter en conta. Falouse de:

  • Plano de gestão Centro Histórico do Porto Patrimonio Mundial
  • Estudo Macroeconómico Cluster de Indústrias Criativas do Norte de Portugal
  • Mapeamento Industrias Criativas Galiza-Norte Portufal (con EOSA)
  • GNRation Braga
  • Parte de contido da Casa da Memoria de Guimãraes
  • Convento de São Francisco, Coimbra.2017-11-29 Carlos Martins 3
  • Instituto do Viño e da Viña, Torres Vedras
  • Centro de Criação para as Artes de Rua, Santa Maria da Feira
  • Festival do Norte, Viana do Castelo
  • Viagens com Alma, Diocese do Porto
  • Festival oito24, Espinho
  • Festival readio Faneca
  • Manobras no Porto
  • Valorización turística Vila de Formosa, Algarve
  • Termas do Porto
  • Livraria Lello
  • Porto/post/doc
  • Candidatura Guimarães Capital Europea
  • Braga como cidade creativa de UNESCO
  • Media Arts

 

Tendo visto ese marco de referencias de proxectos pasamos a reflexionar sobre as transformacións en curso e as súas consecuencias:

 

NA ECONOMÍA:

  • Considera que a relación entre cultura e economía é totalmente necesaria e que non se poden entender unha sen a outra.
  • Que esta economía globalizada baséase no coñecemento, nos contidos dixitais, na partilla.
  • Que está baseada na experiencia no que se refire ao proceso de creación de valor.
  • É unha economía palco, de experiencia. O que as empresas explotan é a atención, e que esa atención é unha experiencia.
  • Que a economía baséase no sentimento de compartir (Uber, Airbnb, Facebook, Blablacar, Wikipedia,…).

Martins pecha o espazo adicado á economía coa seguinte cuestión: como integrar a cultura, o patrimonio e o turismo nun mundo cada vez máis dixital?

 

NO TURISMO:

Explica que é a fin do turismo tal e como o coñecemos:

  •  Viáxase máis
  •  Representa o turismo cerca do 10% da economía mundial

Fala da necesidade de crear un novo modelo/produto turístico para clientes diferentes (por exemplo China)  e dos millenials e a súa nova concepción de viaxe:

  • Un 86% busca experimentar unha nova cultura
  • Un 69% procura comida local
  • Un 44% festa
  • Un 76% basea a súa elección en recomendacións das súas amizades ou polas redes sociais
  • Só un 18% escolle mediante axencias de viaxe
  • Case todos os millenials reservan as súas viaxes a través de dispositivos electrónicos, principalmente smartphone e tablet
  • Un 97% comparten a súa experiencia a través das redes sociais
  • Un 70% participa neste tipo de dinámicas por unha necesidade social, non por querer participar (FOMO: Fear of missing out)

Polo tanto a motivación do turismo cultural é distinta:

  • Transformación persoal a través da viaxe2017-11-29 Carlos Martins 4
  • A viaxe deixou de ser pensada como consumo, asumíndose como un investimento na felicidade e calidade da vida.
  • A viaxe é máis colaborativa e o viaxante máis creativo. Búscase intervir, ser co-creador da viaxe.
  • O novo turista está multimotivado
  • A xente non quere ser turista senón convertirse nunha persoa local
  • Valórase o lado humano e emocional dos destinos
  • O destino é a comunidade (Neste sentido Martins apunta que este é o xeito de crear produto. Os territorios deben valorar os seus recursos endóxenos, o capital simbólico, as historias, a comunidade e a enerxía creativa).

Tamén hai que ter en conta a interrelación coa tecnoloxía:

  • Progreso da linguaxe natural que reducirá a necesidade de teclado. (Siri)
  • A realidade virtual poderá ofrecer experiencias de viaxes inmersivos independentemente da localización.
  • Teremos que ter en conta a realidade aumentada

Pecha tamén este apartado preguntándose que poderemos facer con este contexto, ao que responde que debemos reatoparnos co territorio e poñer en valor o produto local.

 

3. NA CULTURA:

Diferencia, en base á obra de Pier Luigi Sacco, tres momentos culturais que serían os seguintes:

  • Cultura 1.0 (de mecenazgo): o artista é convidado a producir unha obra, ten unha audiencia estricta, absorbe moitos recursos, o autor/ artesano atópase no fin da cadena.
  •  Cultura 2.0: reprodución en escala, produción en serie, industria cultural, grandes audiencias, valores económicos, autor vs audiencia, económico (copyright).
  • Cultura 3.0: Tecnoloxía que favorece a participación e a produción. Comunidades de significados e prácticas. Valor novo indirecto de mercado.

Di que a nova tecnoloxía cultural implica uns riscos:

  • A atención (non superior a 8 segundos)
  • Desvalorización da obra de arte
  • Democratización cultural.

E despois de ter indicado isto, pregúntase se a cultura 3.0 mata ou reformula os anteriores modelos de cultura e explica as súas consecuencias para o turismo cultural. E pregunta novamente que pode facer un destino turístico neste novo contexto social, tecnolóxico, etc… Resposta a esta pregunta introducindo a tese de Greg Richars, que se chama Turismo cultural 3.0 , e fai a seguinte comparativa:

 

2017-11- 29 gráfico 2

Comparativa entre dous modelos de turismo cultural

 

Recoméndanos Martins que, neste contexto, temos que aprender a ler o territorio. Non chega con ler os recursos, temos que ter en conta mellores produtos, prestar mellores servizos, ofrecer mellores experiencias, contar mellores historias e aprender a escoitar as historias dos nosos residentes temporais, que son os turistas de antes.

Neste momento da sesión, pon en valor dúas iniciativas concretas que foron o Gimarães 2012, European Capital of Culture e o Imaginarius de Santa Maria da Feira. Proxectos que cre que recollen este tipo de experiencia que nos está a definir.

Dende o seu punto de vista o turismo cultural é entender e escoitar as historias e conseguir que se conten soas, buscando as lecturas e as interconexións: a capacidade dunha comunidade de contarse a si mesma dende a propia historia, de falar dos cambios e das experiencias territoriais.

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*