2017 03 17 xulio cordeiro-1

Festivais e eventos. Xulio Cordeiro

Por: Ángel Piñeiro

Nesta última sesión tivemos o pracer de contar con Xulio Cordeiro, unha das persoas con máis experiencia no campo da produ2017 03 17 xulio cordeiro-2-okción cultural dentro da nosa comunidade, responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, onde, entre outros eventos, dirixiu a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardederes no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega.

Con anterioridade coordinou para as empresas La Fábrica de Chocolate e Esmerarte as producións do Festival Cultura Quente e de Vigo Tranforma.

Foi socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.

A dilatada experiencia de Xulio foi unha razón de peso para que a sesión fose en si un manual de boas prácticas para a produción dun evento ou festival de calquera tipo ou envergadura.

Comezando así pola pre-produción, onde será moi importante facer unha avaliación das necesidades que nos permita despois levar a cabo o evento sen complicacións.

2017 03 17 xulio cordeiro-3-ok

Será preciso ter moi en conta a información que nos facilitará o promotor: artista ou artistas que intervirán, localización, data, aforo, tipo de evento (gratuíto ou de pago), obxectivos deste… Deberá quedar toda a información por escrito para que non existan malinterpretacións entre os distintos axentes, formalizando así os contratos correspondentes entre todos os axentes participantes.

Con toda a información por parte do promotor pasaremos a visitar a localización, que é imprescindible. Ao mesmo tempo trátase dunha inversión xa que un bo estudo da localización determinará a boa marcha do proceso de produción. Contamos con varias ferramentas para facer os planos das ubicacións de tódolos servizos como: Autocad, SketchUp, Illustrator e Google Earth. Todo isto nos servirá para a elaboración dunha guía que será fundamental para a coordinación de todo o equipo.

Pasaremos así ás necesidades derivadas do contrato co artista, MOI IMPORTANTE!!  RIDER DO ARTISTA.

O rider pode vir diferenciado entre rider técnico e de hospitalidade. O rider sempre é negociable. En xeral os artistas contan cun contrato “único” independentemente do lugar e as condicións en que sexan contratados. De feito, cando o concerto está enmarcado dentro da actividade dun festival tódolos artistas deben acomodarse á dotación que temos instalada de modo xenérico. Esta dotación moitas veces ven dictada polo grupo ou artista de referencia, por así dicilo, o “cabeza de cartel”. O que está claro é que as cuestións relativas ó rider debemos pechalas antes da sinatura do contrato para así evitar sorpresas de última hora.

Os listados de condicións técnicas, luz e son, aparecen especificados con marcas e modelos concretas, habitualmente ofrecemos ó artista un CONTRARIDER, con marcas similares en calidade e prestacións que coinciden coa nosa dotación técnica. Debemos falar a mesma linguaxe que os técnicos/as, aínda que non na mesma medida e especialización, é moi importante en cada momento saber do que se nos está falando.

A partir da localización que xa fixemos, pasaremos as necesidades derivadas do promotor, onde se inclúe 2017 03 17 xulio cordeiro-4-okescenarios, valos, especialistas en montaxes, servizos eléctricos (xeradores, persoal eléctrico, etc.), maquinaria máis utilizada, backline, plans de autoprotección, permisos, coordenación… Como organizadores dun evento, de calquera formato, debemos primar a seguridade do público, en coordinación con tódolos servizos implicados e non escatimar recursos humanos nin económicos.

Polo que o orzamento definitivo, cando plasmemos o traballo en cifras, ten que ser de máximos e nunca de mínimos, para levar a cabo a produción do espectáculo do xeito máis profesional e coas máximas garantías posibles.

Pola súa parte Xulio resaltou en todo momento que unha boa planificación da produción do evento, onde ter moi en conta tódalas necesidades, horarios e persoas, en distintos documentos nos que queden reflectidos os tempos e tarefas a realizar cos nomes e contactos de quen os realiza, sabendo quen é responsable de cada acción en cada momento, será a razón principal de que o noso evento funcione con normalidade.

2017 03 17 xulio cordeiro-5-ok

Unha vez finalizado o proceso de pre-produción tan só nos faltaría levar a nosa produción do evento á realidade, onde moi importante, debemos saber e entender en todo momento o que está a pasar na nosa produción e así poder controlar o evento ó minuto, a toma de decisións en momentos ¨críticos¨ é algo co que sempre nos podemos topar e debemos estar preparados. En definitiva, neste como en calquera outro traballo que nos toque realizar debemos ter sempre en conta esta máxima: comprender e empatizar coas persoas involucradas no proceso de produción para que todo transcorra do mellor xeito para tódalas partes.

Como opinión persoal, esta aula é imprescindible para o coñecemento do correcto funcionamento de calquera tipo de evento onde calquera detalle por mínimo que sexa sempre se nos pode escapar e onde debemos estar preparados para o “directo”.

Moitas gracias Xulio pola achega!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*