maria-yanez

Cultura dixital. María Yáñez

Por: Eva Rodríguez

María Yáñez, tamén coñecida como @maria_yanez, é unha internauta e especialista en contidos dixitais e en distribución e promoción audiovisual en internet e viu a falar connosco da cultura dixital.

 

Comezamos falando do concepto de autoría e dunha rede na que a día de hoxe todos somos autores e consumidores, internet. Agora non só consumimos un contido senón que tamén participamos del a través dos medios dixitais, pasamos da cultura broadcast (un emisor envía información a multitude de receptores) á cultura p2p (rede entre iguais).

Hoxe en día somos PROSUMIDORAS, é dicir, produtoras e consumidoras. Isto fai que se cuestione a autoría e apareza así a cultura libre, o software libre, as licenzas libres… Poñemos en equilibrio o termo copiar e replicar, no momento no que alguén da uso dun RT ou dun reblogueo xa está replicando o contido de outra persoa e creando así un novo contido, onde entra en conflito a autoría.

Podemos facer aquí un salto no camiño e aclarar que CREAR non é o mesmo que INVENTAR. A creación pode partir de outras persoas, de copiar, de mesturar contidos doutros autores… As vangardas do s.XX xa comezaron a empregar moito a cultura do remix e do collage.

cc-maria-yanez

Segundo María, estamos volvendo aos tempos de antes onde a cultura oral era anónima, agora non existe en moitas ocasións como ben dicíamos antes a autoría.

Facemos así unha diferenciación entre:
Cultura popular: antes dos medios de masas: transmisión oral (p2p): doméstica, sentimental, étnica, comunitaria, anónima.
Cultura pop: a dos medios de masas: transmisión editorial (TV, radio, revistas…): mainstream, comercial, centralizada, uniformados, personalista (ídolos).
Cultura dixital: despois dos medios de masas: transmisión pola rede (p2p): mainstream, distribuída, participativa, personalizada, comunicativa, anónima, personalista (SELFIE, oculto, somos nós os protagonistas).

E atopamos hoxe en día moitos casos onde se mezclan os diferentes tipos de cultura.

felicia

Falamos de Felicia, gran icona do Luar e vemos como despois de ser emitido un vídeo en directo e tras ser compartido en redes sociais xa non é só un fenómeno televisivo senón que xa é un fenómeno viral, personaxe que pasa así do escenario dun programa de TV a todos os escenarios dixitais (TW, FB, Telegram…).

Aquí vemos como se mezclan os tres tipos de cultura a popular (onde as cancións lle chegan a Felicia de un xeito persoal e cultural de tradición), a pop (participa dun medio de comunicación neste caso a TV) e a dixital (co seu salto en forma de vídeos, memes, etc. polas redes sociais e dixitais).

É aquíresumo-eva onde nos damos conta de que automaticamente nos apropiamos do alleo na rede e transformámolo e compartímolo doutro xeito. Nacen así os grupos de prosumidoras que fan servizo á comunidade, como por exemplo Canto ghalpón grupo de universitarios que comezaron a crear memes recollendo cultura popular e de masas, e dándolles un resignificado ás imaxes ou frases recollidas.

Esta maneira de distribuír e producir cultura ten outras manifestacións como poden ser as comunidades que se dedican a subtitular series e películas de xeito anónimo sen ningunha retribución a cambio.

Esta é a mesma lóxica coa que funciona Wikipedia, comunidades participativas, onde o público é o creador.

No mundo da xestión Cultural e cando se fan proxectos participativos nunca se conta coas plataformas de xestión comunitaria como son: a Wikipedia, GalipediaPanoramioWikilocoque.gal ou Menéame e Chuza.

Seguimos coa participación colectiva e chegamos á economía colaborativa da cultura falando de casos como son: EtsyGoteo ou Patreon.

Estamos agora situados nun momento no que o público é creador así que somos todas un pouco makers. Chegou a cultura de “FAINO TI MESMO”.

Cada vez accedemos máis ao coñecemento a través de novas canles, principalmente internet e podermos practicalo na casa e vendelo a continuación. Isto habilitou novas ferramentas. Empresas como Pinterest son plataformas onde se recollen moitas destas propostas e logo plataformas como a anterior mencionan a etsy son as “tendas online” onde vender e intercambiar estes “que haseres” que facemos na casa.

Damos outro salto e volvemos a falar de participación e comunidade, pasamos do FAINO TI MESMO (DIY) AO FAINO CON OUTROS (DIWO).

Temos como exemplos aquí as plataformas de: crowdsourcing, crowdfunding, crowdbuying, crowdticketing… onde o máis importante é crear engagement coa comunidade, fidelizar ao público. Algunhas destas plataformas de consumo colaborativo:

son: airbnb, eatwithblablacarnos juntamosscreenly

Detémonos aquí para falar de Screenly: plataforma cunha rede de salas, catálogo de películas, onde calquera persoa pode organizar un evento elixindo a sala e a película, sempre e cando xere un mínimo de espectadores para que se confirme o evento.

Voltamos ao pasado e recordamos o feito do PRESTIGE e a gran comunidade en rede que se desplegou para denunciar o que non denunciaban outros medios de comunicación. Nace a necesidade de informarse e compartir o que está acontecendo.

Creáronse así ferramentas de difusión de información e de poñer en colectivo o activismo que se levaba a cabo naquel momento. Navegamos así un pouco pola historia e falamos da plataforma Nunca Máis, e de propostas en rede como “hai que botalos”, “a burla negra” ou “blogaliza”, exemplos de organización colectiva dende a base.

Despois falamos de colaboración e relato colectivo e coñecemos e analizamos un sinfín de exemplos interesantísimos, moitos deles galegos, de documentais e webs colaborativas como Are you happy?o monte é noso18 days in Egyptcartografías sensiblesfai rúaliving los suresRiotorto no tempotesouros do tempofálame de San Sadurniñoproxecto socheo

Finalmente, na segunda parte da tarde, falamos e analizamos colectivamente na aula a parte dixital dalgúns dos proxectos que estamos a desenvolver o alumnado por equipos e María móstranos un tráiler interactivo que se desenvolveu para “Os días dos afogados” e que se pode atopar en forma de WebTrailer en: https://osdiasafogados.com/

ollo-aos-consellos

 

OLLO! CONSELLOS DE MARÍA E COUSAS A TER EN CONTA:

  • A xente non vai colaborar no noso sitio só porque lle deamos a oportunidade de facelo.
    • Motivación. Que o proxecto non sexa un fin senón un medio para acadar un fin maior.
    • Dinamización online e offline.
  • A xente xa colabora en internet sen sabelo.
    • Vaiamos buscar os contidos que xa publica a xente, os usos e prácticas que ten incorporadas á súa vida cotiá.
  • Calquera proxecto pode ter unha extensión dixital
    • Mais non é obrigatorio.
  • Compre sempre traballar con obxectivos para logo poder medir os resultados.
  • Hai que saber pechar os proxectos
    • Poñamos un límite no tempo e planifiquemos o final.
    • Non deixemos morrer a web por inanición.
    • Atención ás renovacións de hosting e dominio.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*