Definindo os proxectos e aproximándose a aspectos prácticos da profesión

O pasado venres adicamos a aula ao traballo práctico sobre os proxectos que cada un dos equipos está a desenvolver. Os titores do Curso, Sergio Lago e Marcos Lorenzo, foron os encargados de conducir a sesión.

Antes, durante o primeiro tramo da tarde realizamos unha aproximación ás obrigas legais que pode atoparse un xestor cultural na súa actividade. Neste sentido, fixemos mención en varias ocasións á excelente “Guía de boas prácticas da xestión cultural” da Asociación de Profesionales de la Gestión Cultural de Cataluña (APGCC). Outra fonte de referencia é a biblioteca técnica e lexislativa que está a xerar a Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos (AGASE).

Coñecemos tamén os aspectos máis significativos dos dereitos de autor e dos dereitos dos usuarios no contexto das actividades culturais, así como os diferentes marcos de traballo para operar legalmente como xestores culturais. Neste último punto parámonos especialmente nas contas do freelancismo cultural, no tsunami de iniciativas animando ao emprendemento cultural e creativo e, finalmente, no auxe do cooperativismo cultural en Galicia, unha forma empresarial que actúa tamén como ferramenta para a transformación social.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*